O Proxecto INclúe avanza nos seus resultados e camiña cara o final da súa primeira etapa desenvolto no marco do Programa de Cidadanía Activa financiado póla EEA GRANTS (setembro de 2015).
Tanto traballo e esforzo precisaba dun novo encontro das entidades socias do proxecto (Xunta de Galicia, Emaús Fundación Social e EOSA) para compartir os resultados, o bo consenso acadado nas tres sesións do Grupo de Traballo INclúe coas entidades colaboradoras, así como a súa necesaria implicación na próxima fase de testeo da Ferramenta INclúe , o estado de definición da mesma, o enfoque da súa estructura interna e dos principios a avaliar (posición social, calidade de vida e participación social).
Tras dúas horas de encontro, o xoves 30 de agosto de 2015, e contando ao inicio coa participación extraordinaria da Directora Xeral de Familia e Inclusión, Mª Amparo González Méndez, plantexáronse os diferentes escenarios sobre o futuro do proxecto nun cálido e eficiente ambiente de traballo. Constatouse a vontade da Xunta de Galicia, así como do resto das entidades sócias, de traballar para dar continuidade ao proxecto.
Comentarios recientes