REMATA O FINANCIAMENTO DA EEA Grants, GRAZAS….O INclúe CONTINÚA!!

Fernando

O “Proxecto INclúe: Innovación para a Inclusión Social” chegou ao seu fin coa entrega do informe final en outubro de 2015.

Grazas ao apoio da EEA Grants e do Programa de Cidadanía Activa da Plataforma de ONGs de Acción Social (POAS) Emaús Fundación Social, a Xunta de Galicia e EOSA, tiveron a oportunidade de comezar, xunto coas entidades colaboradoras e as persoas afectadas por situación de exclusión social, o gran reto de sentar as bases para o cambio de modelo de atención ás persoas en situación de exclusión social. Agora xa podemos falar dun modelo centrado na persoa, definido en clave de calidade de vida, igualdade de oportunidades para mulleres e homes, dereitos, autonomía e cidadanía das persoas en situación de exclusión social, en definitiva do MODELO INCLÚE.

A pesar disto falta moito traballo por facer. Entre outras cousas, incorporar as melloras detectadas durante a fase de testeo na primeira versión da ferramenta de valoración INclúe, seguir avanzando coas entidades colaboradoras sobre como entendemos a inclusión social en Galicia e cales son os seguintes pasos para achegarnos a ese reto compartido…en definitiva implementar o Modelo INclúe en Galicia.

Estanse valorando posibles vías de financiación para continuar o traballo no 2016, coa Xunta de Galicia.

 

A través desta web seguiremos informando!!

Submit a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>